O vindeiro domingo 15 de febreiro terá lugar o Entroido polas rúas de Rodeiro.
O desfile comezará ás 17:30h dende a Avenida do Aviador Gumersindo Areán, a continuación, ao redor das 19:00h, concurso de disfraces amenizado por un grupo musical.
Haberá premios para as diferentes categorías: carrozas, grupos e individuais.
O martes 17 haberá xogos, desfile e karaoke para os máis pequenos. Terá lugar no centro cultural municipal “Manuel Lamazares” en horario de 17:30 a 20:30.
Programa de Entroido