Skip to main content
Novas

Recollida de plástico agrícola (Plástico de silo e de invernadoiro)

By 8 Marzo, 2015Marzo 31st, 2015No Comments

Tal e como se indicou no folleto informativo enviado anteriormente, e debido a que non se poden depositar os residuos de plástico agrícola no punto de acopio de Carboentes, por mor do mal uso que se estaba facendo do mesmo, o Concello pon en marcha a recollida de plástico agrícola, para que os gandeiros e agricultores poidan xestionar os residuos de plásticos de silo e invernadoiro, empregados nas súas explotacións de forma axeitada.

Normas para a recollida:

  • – Recolleranse SÓ PLÁSTICOS DE SILO E DE INVERNADOIRO.
  • – Os plásticos deben estar o máis LIMPOS posibles e ATADOS.
  • – NON se poderán levar garrafas, pneumáticos, restos de podas ou calquera outro tipo de residuo.

LUGARES E DÍAS, onde os gandeiros e agricultores poden depositar os plásticos:

Dias: 23 E 24 DE FEBREIRO.

Os plásticos poderán depositarse os días 23 e 24 de febreiro DURANTE TODO O DÍA nos lugares indicados e serán recollidos o día 25.

Lugares:
– Parroquias de San Paio de Senra e San Martiño de Asperelo: campo da festa de Asperelo.
– Parroquias de Arnego e Carboentes: campo da festa de Carboentes, onde está o palco.
– Parroquia de Álceme: campo da festa de Álceme, xunto á igrexa.
En tódolos lugares haberá unha ZONA DELIMITADA e SINALADA para o depósito do plástico agrícola, PRÉGASE AOS USUARIOS QUE A RESPECTEN.

NON PODERÁ DEIXARSE PLÁSTICO AGRÍCOLA FÓRA DOS DÍAS SINALADOS, ATA NOVO AVISO POR PARTE DO CONCELLO.

Para máis información chamar ao Concello:

986790009 / 986790185