Dende o Concello de Rodeiro queremos dar difusión a este programa pioneiro que desenvolve a entidade Aldeas Infantiles.
Trátase de buscar familias acolledoras para nenos e nenas que non poden vivir coas súas familias e están medrando en centros de protección.
O obxectivo é dar unha oportunidade a nenas, nenos e adolescentes que, por diversas razóns, non poden medrar xunto a súa familia biolóxica e precisan atopar unha familia de acollida que lles axude a reconstruír a súa historia para que a poidan vivir dunha forma positiva, amable e feliz.
Este programa está financiado polo Ministerio de Asuntos Sociais e Axenda 2030 con fondos da Unión Europea.
Para recibir máis información pódese consultar o folleto adxunto ou dirixirse á web www.casaconfamilia.com e www.aldeasinfantiles.es