Campamentos. Acción de Verán 2022 da Xunta de Galicia

Por 18 Maio, 2022 Novas

Tódolos rapaces e rapazas, mozos e mozas de entre 9 e 17 anos poderán apuntarse aos campamentos de verán. Son unha forma divertida e diferente de pasar as vacacións.
As quendas son de entre unha semana e doce días de duración nos meses de xullo, agosto e setembro.
Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, multiaventura, artes…). Cada campamento desenvolverá actividades moi distintas, como poden ser: piragüismo, kaiak, vela, teatro, cine, hípica e sendeirismo entre outras moitas.
Ofértanse tamén actividades fóra de Galicia: Álava, Estremadura, Castela e León e A Rioxa.

Os prezos varían entre os 117,36€ e os 284,50 €, con descontos do 50% para familias numerosas e monoparentais e do 25% para usuarios/as do carné xove.
Para a tramitación será necesario o DNI e/ou Libro de Familia e tarxeta sanitaria.
Información sobre as actividades ofertadas e tramitación das solicitudes no seguinte enlace:
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
Tamén poderán achegarse ao Servizo de Educación Familiar do Concello de Rodeiro.
O prazo remata o día 26 de maio de 2022.