Coa chegada do bo tempo, apetece desfrutar e que mellor que percorrendo parte do noso concello
Este domingo 29 de maio, sairemos ás 9:30 dende o Faro (Seixas) xunto cos amigos da Asociación de Camiños de Santiago pola Ribeira Sacra, nunha andaina polo Camiño de Inverno e remataremos en Rodeiro, onde degustaremos un xantar no restaurante A Latiza.
Para xantar será preciso reservar (ata o xoves 26), chamando ao restaurante directamente, e o prezo serán 15€.
Animate a coñecer o Camiño de Inverno ao seu paso por Rodeiro!
Día: Domingo 29 de maio
Lugar de saida: Seixas (Faro)
Hora: 9:30
Xantar: Restaurante A Latiza (986790321)
Prezo: 15€