Skip to main content
Novas

Campamentos A Lanzada 2025

By 11 Marzo, 2025No Comments

A Deputación de Pontevedra oferta 1.540 prazas nos campamentos de verán A Lanzada para nenos e nenas da provincia de Pontevedra nados entre os anos 2012 e 2017.
Ofértase un programa de actividades lúdico-educativas que inclúen actividades ao aire libre relacionadas coa natureza, coa lingua inglesa, coa arte, co deporte, cos xogos, coa ciencia, coa linguaxe de signos, coa igualdade de xénero e co respecto polo medio.
O programa desenvolverase entre o 22 de xuño e o 6 de setembro en 11 quendas de 7 días de duración cada unha.
O prezo desta actividade é de 110 € por neno/a e 80€ por neno/a en casos de familias numerosas ou monoparentais. Así mesmo, existen prazas gratuítas reservadas para menores en situación de risco ou exclusión social. O Concello de Rodeiro ten adxudicadas 6 prazas, das cales 2 son de inclusión.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 21 de marzo.
Toda a información sobre esta actividade e o proceso para realizar a tramitación da solicitude atópase no seguinte enlace:
https://www.depo.gal/gl/web/edepo/-/campamentos-a-lanzada
Para aclarar dúbidas poden chamar ou acudir ao Servizo de Educación Familiar Municipal. Teléfono de contacto: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal