Skip to main content
Novas

Proxección da película O Corno

By 7 Marzo, 2025No Comments

Este domingo ás 18:30h. no Centro Cultural Municipal, dentro da programación do 8M, haberá sesión de cine coa proxección da película O Corno de Jaione Camborda. Dirixida a maiores de 12 anos.
Gañadora da Concha de Ouro á mellor película no festival de San Sebastián no ano 2023 e Goia á mellor actriz revelación para a súa protagonista Janet Novás.
O flime conta a historia de María, unha muller mariscadora que vive na Illa de Arousa nos anos 70. Ë moi coñecida na súa comunidade por axudar a otras mulleres no parto con especial adicación e coidado. Tras un suceso inesperado vese obrigada a fuxir e emprender unha perigosa viaxe na que terá que loitar pola súa supervivencia.