
O vindeiro martes día 25 de marzo, en horario de 10:15 a 14:30 horas, estará situada na Travesía da Carretera de Río coa Rúa Gumersindo Areán a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia.
Anímase a toda a veciñanza potencialmente doadora a doar o seu sangue nun acto de solidariedade que contribúe de xeito decisivo á cura de enfermidades e mesmo a salvar vidas, paliando a escaseza das reservas existentes nestes momentos.
Sé tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a de outras persoas.