Skip to main content
Novas

Doazón produtos lácteos Kalekói

By 8 Febreiro, 2021No Comments

O pasado 5 de febreiro, a empresa lalinense Kalekói realizou unha doazón de produtos lácteos ao Concello de Rodeiro. Con esta doazón atendeuse a un total de nove familias do municipio inscritas no Plan de Alimentos 2020, maioritariamente con menores ao seu cargo. Seguindo as recomendacións sanitarias ante a COVID-19, os lotes foron entregados a domicilio, a fin de evitar aglomeracións nas dependencias municipais.

Dende o Concello de Rodeiro, queremos transmitirlle o noso agradecemento á empresa Kalekói pola súa solidariedade e compromiso coas veciñas e veciños de Rodeiro.