Skip to main content
Novas

Visita a Sogama

By 20 Abril, 2015No Comments

O vindeiro 29 de abril, desde o Concello de Rodeiro, realizaremos unha visita ás instalacións que SOGAMA ten en Cerceda.
Esta actividade ten como obxectivo, que os cidadáns coñezan de primeira man a labor que realiza a entidade na xestión e tratamento de residuos sólidos urbanos.
Aproveitando esta visita, realizaremos unha parada na Cidade da Cultura, para ver a exposición “Camiño. A orixe” e visitaremos o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.
A esta actividade poderán anotarse os maiores de 18 anos, nos seguintes puntos: no rexistro do Concello, no teléfono 986790009 (Yolanda) e no correo electrónico medioambiente@rodeiro.gal.
O prazo para inscribirse remata o día 24 de abril.
A actividade será gratuíta, correndo o xantar a cargo dos participantes.
Recórdaselles aos interesado en participar, que por motivos de seguridade nas instalacións, non poderán calzar chanclas, nin vestir pantalón curto ou saia curta.