Skip to main content
Novas

BANDULLO AZUL presenta “FILIPA COS CONTOS 2023”

By 17 Xullo, 2023No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Bandullo Azul (Fran Campos) o vindeiro venres 21 de xullo ás 20:00 horas na Praza do Concello. Presenta a súa sesión de contos tradicionais “Filipa cos contos”.

Conta con dous narradores: un actor e contador, Fran, e un monicreque que manexa o propio actor: Filipa. Entre os dous vanse repartindo as historias, relacionándose entre eles e ó mesmo tempo co público. Sete anos leva Fran Campos con “Filipa e os contos” e quere seguir compartindo historias e música con todos. Nesta sétima tempada engade novos contos e dinámicas para toda a familia: monicreques, historias tradicionais, contos populares, contos de autores galegos e contos inventados con música en directo e moita participación do público. Filipa e Fran agárdanvos de novo. Vai ser “filipante”. Un espectáculo recomendado para todos os públicos.

Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2023, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Xunta de Galicia.