Skip to main content
Novas

Paco Nogueiras presenta “RADIO BULEBULE”

By 26 Xullo, 2023No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Paco Nogueiras o vindeiro venres 28 de xullo ás 20:00 horas na Praza do Parque. Presenta a súa sesión de música “Radio Bulebule”.

Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos e máis nos gusta. Porque dentro dela todo o universo é música. Vén vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Non perdas a oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas. Un espectáculo recomendado para todos os públicos.

Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2023, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Xunta de Galicia.