Obxecto
Convocar para o ano 2021 os seguintes programas de axudas ao alugamento de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-20211:
- Liña A, axuda ao alugamento de vivenda:a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.
- Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente:a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.
Persoas beneficiarias e requisitos
- Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude cumpran os requisitos indicados na Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021 (código de procedemento VI432A).(DOG nº 60 do 30/03/2021).
- Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente:
persoas físicas maiores de idade que non teñan feitos os 35 anos na data de presentación da solicitude e cumpran o resto de requisitos sinalados no punto 1, ademais dos indicados na Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021 (código de procedemento VI432A).(DOG nº 60 do 30/03/2021).
Documentación
Solicitude tramitación en liña ou presencial
- Coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:
- De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
- Contrato de alugamento da vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
- Anexo II,de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia da persoa solicitante e autorización para solicitar por vía telemática as acreditacións relativas a identidade, residencia, datos catastrais e de titularidade de bens inmobles, ingresos, débedas e discapacidade.
- Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia. Estes xustificantes deberán estar expedidos dentro dos seis meses, anteriores á data da presentación da solicitude.
- Documentación xustificativa dos ingresos percibidos pola unidade de convivencia, no caso de non presentar declaración do IRPF ou percibir algunha das rendas exentas previstas no artigo 7 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, acompañada da seguinte documentación: certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no devandito exercicio, certificado de pensións ou prestacións periódicas, emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo INSS, certificados bancarios de rendementos do capital mobiliario, certificado da contía percibida pola Risga.
- No caso de ingresos obtidos no estranxeiro, copia da declaración similar á do IRPF, autenticada pola correspondente delegación consular e, de ser o caso, o certificado acreditativo de equivalencia en euros do importe declarado.
- De ser o caso, convenio regulador de nulidade, separación ou divorcio, ou sentenza que acredite que a persoa solicitante non ten o uso da vivenda familiar, así como a documentación acreditativa de estar ao día no pagamento das pensións alimenticias e compensatorias, se for o caso, no caso das persoas separadas ou divorciadas.
- No caso de familias numerosas, título de familia numerosa, no suposto de non ter sido expedido pola Xunta de Galicia.
- Certificado de discapacidade da persoa solicitante e/ou das persoas que integran a súa unidade de convivencia, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.
Prazo de presentación
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, ata o 30 de abril de 2021.
Lugar de presentación:
- Preferiblemente a través da Sede electrónica: https://sede.xunta.es
- Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).
- Por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.