Lembrámosvos de que mentras dure o estado de alarma, ASEIA ten en funcionamento un “Servizo de primeiros auxilios emocionais para adolescentes entre 12 e 18 anos e coidadores de nenas/os de 0 a 11 anos” que está sendo atendido por profesionais da psicoloxía clínica ou sanitaria, traballo social, enfermería e educacion social, todos eles con formación específica en saúde emocional na infancia e a adolescencia. A atención realizarase telefónicamente e será gratuíta.
O obxectivo deste servizo é dar puntualente cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, educativa e social a adolescentes e coidadores/as de menores de 11 anos, que se atopen con dificultades de desbordamento emocional derivadas da situacion de distanciamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia Covid-19.
Para demandar apoio pódese enviar un mail a aseia.galicia@gmail.com ou chamando o 622245545.