O Ministerio de Igualdade, en colaboración coa Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, puxo en marcha un Plan de Continxencia contra a Violencia de Xénero ante a crisis do COVID19, aprobado no Consello de Ministros o pasado 17 de marzo. Entre as medidas impulsadas deste plan, encóntrase a realización dunha campaña institucional para a prevención da violencia machista.