Usuarios/as: Serán usuarios/as do PAI municipal, os/as menores de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, empadroados no Concello de Rodeiro e que non estean en idade de escolarización no centro educativo.
Prezos: O custo de cada praza será de 60 € ao mes por neno/a, 30 € ao mes por segundo usuario/a membro da mesma unidade familiar que acuda ao PAI e no caso dun terceiro membro, estaría exento/a de pago. Este canon podería variar en contía ao longo do ano, segundo modificacións da normativa reguladora.
Documentación necesaria para o trámite (orixinal ou copia compulsada):
– Impreso de solicitude asinado (será facilitado nas oficinas municipais).
– D.N.I./N.I.E. do/a solicitante.
– Libro de Familia.
– Xustificación dos ingresos percibidos por tódolos membros da unidade familiar no ano 2013: Declaracións de IRPF e no caso de non tela presentada deberase achegar certificación negativa e de rendementos imputables expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
– Certificado de convivencia.
– Outros documentos se procede, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables para a baremación: título de familia numerosa, xustificación de ocupación ou desemprego dos proxenitores, situacións de discapacidade, etc.
Para máis información, consultar dúbidas e trámite de solicitudes, achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello (Servizo de Educación Familiar).
O prazo para a presentación de solicitudes e documentación necesaria estará aberto dende o vindeiro 1 de xullo ata o día 10 de xullo de 2014 (ambos inclusive).
Adxudicación de prazas: o número de prazas ofertadas é de 18, sendo adxudicadas en función da maior puntuación acadada no proceso de baremación. En caso de empate na puntuación, priorizarase o criterio económico. De existir maior demanda de solicitudes que prazas, as restantes quedarán baremadas e en lista de espera.