Skip to main content
Novas

Anuncio do inicio dun procedemento de selección de persoal

By 21 Xuño, 2023No Comments

A Deputación de Pontevedra outorgou ao Concello a condición de entidade colaboradora do proxecto “Primeira experiencia profesional” mediante acordo da Xunta de Goberno Local do día 2 de xuño do corrente. Dito programa enmarcase no Plan de fomento da empregabilidade como unha estratexia para loitar co elevado paro xuvenil na nosa provincia. Dito plan financia de xeito parcial a contratación dunha persoa desempregada, o que se fai de público coñecemento para as posibles persoas interesadas:

Posto de traballo: auxiliar administrativo/a.
Tipo de contrato: formativo para a obtención da práctica profesional a tempo completo.
Titulación: ciclo medio de formación profesional (FP) en xestión administrativa.
Requisitos: (os esixidos no artigo 11 da RD Lexislativo 2/2015, para a formalización deste tipo de contratos)
– Estar desempregado/a (ou en mellora de emprego), inscrito no Servizo Publico de Emprego (SPEG).
– Que non transcorreran máis de 3 anos dende a obtención da titulación (5 se é unha persoa con discapacidade).
– Non estar contratado/a en prácticas no momento da selección nalgún programa desta natureza da Deputación de Pontevedra.
– Non haber estado contratada na mesma ou distinta entidade en virtude da mesma titulación. Tampouco na mesma entidade para o mesmo ou distinto posto aínda que se trate de titulacións distintas.
– Que non obtivera experiencia profesional ou realizado actividade formativa na mesma actividade dentro da entidade por tempo superior a tres meses.
– Estar empadroados nalgún Concello da provincia con anterioridade ao da publicación da convocatoria no BOP.

Nos vindeiros días formularase unha oferta de emprego ao SPEG (oficina de Lalín) solicitando candidatos/as que cumpran os requisitos establecidos, polo que as persoas interesadas deben apuntarse na oficina de emprego.

Os criterios de selección serán os establecidos no Anexo III das Bases reguladoras e convocatoria deste programa da Deputación (BOP núm. 10.04.2023): AnexoIII 1Exp23 (pdf)