O Concello de Rodeiro pon en marcha esta actividade dirixida á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e empadroados no noso concello.
O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación que complementa o programa xa existente pola mañá durante os meses de xullo e agosto, para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Realizaranse actividades lúdicas e inclusivas, ademais de fomentar a educación en igualdade dende a infancia.
As actividades darán comezo o 3 de xullo e estenderanse ata o 31 de agosto.
Horario: de 16:30h. a 20:00h de luns a venres non festivos nas instalacións do CPI de Rodeiro..
Ábrese prazo de inscripción dende o día 22 at a o 28 de xuño, incluído.
Establécense un límite de 20 prazas diarias. O criterio de selección de menores participantes será por orde de rexistro de entrada da solicitude de inscrición ata completar as prazas.
As actividades serán gratuítas.
Aqueles menores que xa participaron no programa Concilia só terán que presentar a solicitude debidamente cumplimentada e a documentación complementaria que non conste no seu expediente e que así se lle requira.
Para recibir máis información das condicións da actividade e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.