A Deputación de Pontevedra concedeu, por resolución da Xunta de Goberno do día 31.01.2020, unha axuda financieira ao Concello de Rodeiro por imprte de 116.226,60€ destinada á contratación laboral de 16 desempregados/as para a prestación de servizos mínimos de competencia municipal, de interese xeral ou social. Por mor da situación de emerxencia sanitaria e crise provocada pola aparición do virus COVID, na XGL do día 23.06.2020 acordouse solicitar unha modificación desta axuda, tendo en conta a afectación do calendario de incorporacións e das necesidades de persoal previstas. En data 08.07.2020 a Deputación de Pontevedra comunicounos a a resolución favorable das modificacións propostas. Aos efectos do establecido na base décimo oitava da convocatoria que establece a obrigatoriedade de dar publicidade ás axudas concedidas, achégase a nova calendarización, distribución do gasto e modificación das necesidades de persoal que se poden consultar no enlace anexo para público coñecemento.
Os servizos que se porán en marcha coa contratación destas persoas son os seguintes:
1. “Atención á infancia e aos maiores”
2. “Mantemento de servizos básicos municipais”