Dende o 9 de agosto está aberto o prazo para a tramitación das becas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional, destinadas a aqueles estudantes de niveis postobrigatorios: formación profesional, bacharelato, ensinanzas artística e deportivas, escolas oficiais de idiomas e estudos universitarios, entre outros.
O prazo de presentación remata:
– O 1 de outubro para estudos non universitarios
– O 15 de outubro para universitarios
A tramitación da beca realízase a través de formulario on-line no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html Nesta web encóntrase, ademais, toda a información necesaria sobre tipos de becas, contías e requisitos de acceso ás mesmas.
Para recibir máis información, consultar dúbidas ou recibir axuda para a tramitación pódense dirixir ao servizo de educación familiar do concello. Contacto: educadora@rodeiro.gal ou no tlf. 986790009