Skip to main content
Novas

Desmontando a violencia de xénero

By 11 Agosto, 2020No Comments

Desmontando a violencia de xénero é unha proposta para o traballo na prevención da violencia de xénero. As súas actividades desenvolveranse os vindeiros días 19, 20 e 21 de agosto de 2020 no parque do río, a carón da Casa do Concello a partires das 15:30 horas. Está dirixido á xuventude entre os 12 e os 17 anos de idade.
O proxecto divídese en tres bloques temáticos que se repartirán ao longo das tres sesións:
– Ser home e ser muller hoxe en día
– Coñecendosex
– Son o que amoso?
Partindo disto, tratarase de construír un camiño de igualdade e non violencia, traballando dende o punto de vista da atención centrada na persoa para que os/as rapaces/as cheguen dunha maneira eminentemente práctica aos contidos sinalados e para favorecer así a súa interiorización.
A violencia de xénero é unha lacra social que segue perpetuándose a través das xeracións, debido ao sistema machista e patriarcal no que medramos e vivimos, que se reproduce a través da cultura, a moda, a música, a literatura, a publicidade, os medios de comunicación, a relixión, os videoxogos, as redes sociais… Falamos dun problema que está presente en toda a sociedade, en todas as esferas sociais e, por susposto, en todas as capas da poboación, incluídas as máis novas.
Unha educadora social experta en igualdade será a responsable do desenvolvemento dos obradoiros e para participar nos mesmos é preciso inscribirse no Servizo de Educación Familiar. Hai prazas limitadas.
Tfno de contacto: 986790009
e-mail: educadora@rodeiro.gal