Skip to main content
Novas

Programa aprender a coidarme para coidar

By 12 Setembro, 2011No Comments

O vindeiro mércores 14 de setembro comezarán as sesións técnicas dirixidas a auxiliares a domicilio que organiza o Concello de Rodeiro dentro do programa de aprender a coidarme para coidar, cofinanciado pola Consellería de traballo e benestar.

Esta iniciativa está dirixida a traballar coas persoas que están ao coidado de dependentes. Dende abril a xuño as sesións de traballo estiveron dirixidas aos coidadores non profesionais e en setembro e outubro o traballo centrarase nas persoas do eido profesional que coidan maiores no fogar, tanto no ámbito público coma privado.

A 1ª sesión de traballo será o mércores 14 de setembro na Casa da Cultura ás 5 da tarde, con unha duración aproximada de hora e media.
As seguintes sesións serán o 5 e 19 de outubro e o 2 de novembro.
Abordaranse temas relacionados coas habilidades sociais, resolución constructiva de conflictos e relaxación. Serán sesións eminentemente prácticas e dinámicas.
Para participar só hai que acudir o mércores 14 á sesión de presentación.
Para máis información contactar co departemento de servizos sociais do Concello de Rodeiro.

Leave a Reply