O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural co fin de promocionar o cine entre os nosos veciños. Teremos unha proxección de cine na rúa o vindeiro día 10 de xullo ás 22:00 horas na Praza do Parque. A película elixida nesta ocasión é “Mortadelo y Filemón contra Jimmy el cachondo”, gañadora de 2 premios Goya, entre eles o de mellor película de animación.