O Concello de Rodeiro, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar; ten previsto comezar a levar a cabo, outra nova serie de obradoiros formativos coma no pasado ano 2010; no vindeiro mes de maio de 2011. Todo elo dentro das actividades programadas dende o departamento de Servicios Sociais, destinadas á promoción e autonomía das persoas maiores, traballando estratexias para o reforzo da súa memoria, acordándonos da dura labor dos familiares coidadores, que tamén precisan de estratexias favorecedoras dun estado anímico positivo.
Levaranse a cabo deste xeito, doce obradoiros formativos, dando comezo a primeira sesión o vindeiro 10 de maio de 2011, seguido dos días 24 de maio, 7 e 21 de xuño, 5 e 19 de xullo, 2 de agosto, 13 e 27 de setembro, 11 e 25 de outubro; clausurando esta nova serie de obradoiros, a Asociación de familiares de enfermos con Alzheimer de Chantada, o día 8 de novembro de 2011.
Os sete primeiros talleres van dirixidos aos coidadores das persoas con deterioro cognitivo e ás propias persoas dependentes. Os catro seguintes, irán dirixidos ás profesionais cualificadas na atención socio sanitaria das persoas dependentes, e o derradeiro taller abeto a tódolos colectivos.
O primeiro encontró será o día 10 de maio, ás 17:00 horas no Centro Cultural “Manuel Lamazares”.
Para maior información das sesión programadas, poderán achegarse tódalas persoas interesadas, ó departamento de Servicios Sociais ou ben chamar ó teléfono 986 79 00 09.