C@nto contigo – CANCELADO

Por 22 Novembro, 2022 Novembro 23rd, 2022 Novas

Sentimos comunicar que a actividade de “C@nto contigo” queda a aprazada para o próximo 2 de Decembro por motivos de saúde.

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 25 de novembro ás 17:00 horas no Centro Cultural Municipal Manuel Lamazares.  Paco Nogueiras levará a cabo un espectáculo baixo o título “C@nto contigo”. “C@nto contigo” é un espectáculo onde a música, o baile e as risas farán que saquemos a nosa lingua a voar, achegando o galego á xente miúda e ás súas familias de xeito lúdico e divertido. Retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos. Un percorrido por cancións da súa traxectoria percorrendo un amplo abano de estilos musicais, dende o techno ao rock, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.

Convértese así, nunha oportunidade de cantar con amigos e amigas nun concerto onde a música e o humor transformará o CCM Manuel Lamazares nunha festa moi especial onde ti es protagonista.