O Concello de Rodeiro informa aos seus veciños que o vindeiro día 25 de setembro terá lugar unha nova edición da Festa da Terceira Idade. Ademáis do tradicional xantar de confraternidade, haberá a actuación dunha banda de música e dun grupo musical, misa, concurso de baile e premios ás persoas de máis idade.
Para asistir será imprescindible recoller a invitación no Centro Cultural “Manuel Lamazares” desde o día 7 ao 22 de setembro e presentala o día da festa. Poderán recoller a invitación os xubilados empadroados en Rodeiro ou os seus familiares presentando o DNI para comprobar os datos de idade.