O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro venres día 28 de agosto de 2009, ás 12 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día:
1º Aprobación do borrador da acta da sesión anterior.
2º Aprobación do expediente tramitado e solicitude á conselería de medio ambiente, terrirorio e infraestruturas para que proceda á rectificación de erros no plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Rodeiro, no ámbito do solo urbanizable non delimitado industrial núm.1, instado por Conejos Gallegos Cogal, S. Coop. Galega.
3º Proposta de designación de festas locais para o ano 2010.
4º Modificación da periodicidade das sesións ordinarias do pleno do Concello.
5º Nomeamento de representantes do Concello en órganos colexiados de competencia do pleno.
6º Coñecemento das resolucións da alcaldía en materia de nomeamento de tenentes de alcalde, membros da xunta de goberno local e delegacións.
7º Coñecemento de escritos de designación de voceiros e compoñentes das comisións municipais.
8º Moción do concelleiro-delegado de urbanismo, traballo e medio rural referente á construción por parte da deputación provincial dun centro de recría de novillas na finca de Mouriscade.
9º Moción do grupo municipal mixto relativa á utilización da lingua galega.
10º Moción do grupo municipal do partido popular relativa ao programa de gratuidade solidaria dos libros de texto.
11º Moción do grupo municipal do partido popular relativa ao sector lácteo.
12º Rogos e preguntas.