O Concello recibiu nestes días as seguintes comunicacións oficiais pola que se outorgan as seguintes subvencións para a realización de actividades :
– Acordo da Xunta de Goberno Local da Deputación Provincial de Pontevedra, de data 22 de xullo de 2009, polo que concede unha axuda de 3.000,00 €, con cargo ao PAM (actividades) para a “FESTA DA CAZA”.
– Resolución do Departamento Territorial da Consellería de Cultura e Turismo en Pontevedra, de data 17 de agosto, pola que concede unha axuda de 2.000,00 € para a “FESTA DA XUVENTUDE”.