- PERSOAS BENEFICIARIAS:
* Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
* Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
* Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
* Valerse por se mesmo e non padecer trastornos mentais graves.
* Precisar os tratamentos termais solicitados.
- DESTINOS E QUENDAS.-
Os balnearios que se ofrecen para este ano, presentan unha ampla selección; xa que se pode solicitar praza en 13 Comunidades Autónomas distintas.
A primeira quenda a solicitar, inclúe dende o mes de febreiro ate agosto de 2022 e a segunda quenda, de setembro a decembro de 2022.
O prazo de presentación solicitudes para a primeira quenda, rematará o día 31 de decembro de 2021 e para a segunda, permanecerá aberto ate o día 15 de maio de 2022.
Para maior información e formalización de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do concello.