A partir do 2 de xullo e ata o 13 de xullo terá lugar o Campamento de Verán. Poderán acudir nen@s de entre 5 a 17 anos de idade, cabendo a posibilidade de facer dous grupos, un de 5 a 11 anos e outro de 12 a 17 anos.
A inscrición ten un prezo de 60€, con descontos por segundo irmán de 30€ e o terceiro irmán sería gratis.
O prazo de inscrición é ata o 30 de xuño.
Programa do Campamento de verán 2012:
VISITAS CULTURAIS con actividades varias:
• Aquapark de Cerceda
• Museo Casa do Patrón de Doade e pernoctación en albergue
• Campo de paintball en A Latiza, Rodeiro
• Parque natural das Dunas de Corrubedo e Centro de Interpretación do Ecosistema do Litoral de Galicia en Ribeira e tarde de praia
• Ecoparque Municipal de Marín
ACTIVIDADES:
• Día do libro co escritor Santiago Jaureguízar
• Xogos deportivos
• ¡Mira quen baila!: bachata, salsa, batuta, baile galego
• Misión imposible
• Xogos tradicionais
• Descubrindo os nosos bosques
• Xogos do mundo
• Xinkana de auga
• Obradoiro de circo
• Airsoft
• Geocaching
• Tiro con arco
• Rocódromo
• Pontes tibetanas
• Paintball
Empresa encargada: EDUVÍA, Xestión, Cultura e Lecer S.L.