Coma en anos anteriores, a Deputación de Pontevedra abre o prazo para solicitar praza nos campamentos de verán que se celebrarán no centro de vacacións de A Lanzada, destinados a aqueles nenos e nenas nacidos entre os anos 2002 e 2007 e que residan nalgún concello da Provincia de Pontevedra.
Os campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada son un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, artísticas, deportes, contacontos e xogos, entre outras.
As quendas ofertadas este ano son as seguintes:
- 1ª- Do 21 ao 27 de xuño
- 2ª- Do 28 de xuño ao 4 de xullo
- 3ª- Do 5 ao 11 de xullo
- 4ª– Do 12 ao 18 de xullo
- 5ª– Do 19 ao 25 de xullo
- 6ª– Do 26 de xullo ao 1 de agosto
- 7ª– Do 2 ao 8 de agosto
- 8ª– Do 9 ao 15 de agosto
- 9ª– Do 16 ao 22 de agosto
- 10ª– Do 23 ao 29 de agosto
- 11– Do 30 de agosto ao 5 de setembro
O prezo desta actividade é de 83,60 €. por neno/a e o Concello de Rodeiro ten adxudicadas 10 prazas para os rapaces e rapazas que desexen acudir.
Para máis información e tramitación das solicitudes poden acudir ao Servizo de Educación Familiar antes do vindeiro 1 de Abril de 2015.
Ligazóns recomendadas