Consiste na aplicación dun desconto de entre o 25% e o 40 % no importe da factura eléctrica.
A primeira condición para acceder, en todos os casos, é ter contratada unha potencia igual ou inferior a 10 Kw e estar acollido á facturación regulada (PVPC) e non en mercado libre.
Existen varios rangos económicos, para acceder ás distintas modalidades previstas : consumidor vulnerable, consumidor vulnerable severo e consumidor en risco de exclusión social.
Prevese ao mesmo tempo, a non suspensión da subministración de electricidade ao consumidor en risco de exclusión social.
Documentación a aportar no momento da presentación de solicitude:
- Fotocopia do NIF ou NIE do titular do punto de subministración ou, no seu caso, de todos os membros da unidade familiar.
- Certificado de empadroamento en vigor, individual ou conxunto, do titular de punto de subministración ou de todos os membros da unidade familiar.
- No caso das unidades familiares, libro de familia ou, no seu caso, certificación da folla individual do Rexistro Civil.
- No caso de familias numerosas, copia do título de familia numerosa en vigor.
- No caso de que aplique algunha das circunstancias especiais, certificado ou documento acreditativo expedido polos servizos sociais.
- No caso de que o titular ou todos os membros da unidade familiar sexan pensionistas do Sistema da Seguridade Social por xubilación ou incapacidade permanente que cobren a pensión mínima vixente en cada momento para as devanditas clases de pensión, certificado da Seguridade Social relativo ao titular ou a todos eles.
Consumidores acollidos ao bono social á entrada en vigor da orde
Os consumidores de enerxía eléctrica que, á data de entrada en vigor a orde (10/10/2017) sexan beneficiarios do bono social, disporán do prazo de seis meses (ata o 10/3/2018) para acreditar a condición de consumidor vulnerable. De non facelo no dito prazo, o bono social deixará de aplicarse a partir da primeira factura emitida, ou ben na factura inmediatamente posterior.
Para maior información, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do concello de Rodeiro.