O Concello de Rodeiro disponse a conmemorar o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, propoñemos á cidadanía e moi especialmente ao sector educativo a lectura pública da súa obra literaria. Todos os asistentes ao acto poderán subir ao escenario para ler un fragmento das súas poesías.
A cantante de Rodeiro Begoña Lorenzo interpretará coa súa magnífica voz algúns dos cantares de Rosalía.
Finalmente procederase a lectura dun manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega.