Obxecto:
Establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016.
Persoas beneficiarias:
- Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nacidos entre o 2.1.2013 e o 1.1.2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. (As persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías)
Requisitos:
- Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
- Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
- Que durante o ano 2014, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
Contía da axuda:
Pagamento único de 360 € pola primeira filla ou fillo, 1.200 € pola segunda filla ou fillo e 2.400 € pola terceira, terceiro ou sucesivos
Documentación:
- D.N.I da persoa solicitante.
- Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
- Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
Prazo de presentación: Ata o 7 de marzo de 2016