Beneficiari@s:
Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
- Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as ou persoas tuteladas que acudan en calidade de acompañantes.
- Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
- Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
Balnearios:
Este ano unicamente se ofrece a posibilidade de tratamento termal, de 10 días de duración, con todo incluído; tratamento termal e estancia no balneario, en réxime de pensión completa nos distintos establecementos ofertados, con prezos entre os 299,81 € e os 376,46 €.
Para maior información e trámite de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos soiais do Concello de Rodeiro
A data límite para a presentación de solicitudes será o día 7 de marzo de 2016