A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión extraordinaria celebrada o día 27 de outubro de 2015, acordou aprobar inicialmente o PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO POLÍGONO ÚNICO DO SECTOR ÚNICO DO S.UR.ND.I-1, presentado pola Xunta de Compensación e integrado polo propio proxecto de urbanización redactado polo arquitecto Don Leandro del Río Regos, con data febreiro de 2015, e polo Proxecto de conexión da urbanización coa estrada PO-533, redactado pola enxeñeira de camiños canais e portos Dona Emma Viqueira Cruz (visado colexial núm. 26533, do 29/09/15).
De conformidade co disposto no artigo 110.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente completo, xunto coa documentación técnica anteriormente referida, sométese a información pública polo prazo de vinte días, anunciándose no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, na web municipal, no Boletín Oficial da Provincia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, aos efectos da presentación das alegacións que se estimen oportunas.
A documentación completa do expediente estará ao dispor do público xeral no Servizo de Urbanismo do Concello, de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:30 horas.
O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, para todas aquelas persoas interesadas directamente afectadas que, por resultar descoñecidas, por ignorarse o seu domicilio ou intentada sen éxito a súa notificación, non poidan ser notificadas persoalmente.