Skip to main content
Novas

XX Edición da Xuntanza da Terceira Idade

By 25 Setembro, 2012No Comments

O vindeiro venres día 28 de setembro o Concello de Rodeiro organiza unha nova edición da tradicional Xuntanza da Terceira Idade. A programación de actos prevista é a seguinte :

− 12:00 h. Pasarrúas
− 12:30 h. Recepción de autoridades
− 13:00 h. Misa, ofrenda aos maiores e concerto
− 14:15 h. Xantar no pavillón municipal de deportes
− 17:30 h. Entrega de agasallos e baile

Para asistir a xuntanza é imprescindible recoller a entrada na Casa de Cultura ata o mércores día 26 de setembro incluído.

Establécense as seguintes cotas para a participación no xantar :

• 5 € para os maiores de 65 anos empadroados.
• 5 € para os menores de 65 anos empadroados que perciban algunha prestación con cargo ao sistema público de pensións (xubilación, invalidez, orfandade, RISGA, etc.).
• 20 € para o resto dos interesados en participar.

Porase a disposición dos participantes un servizo de transporte gratuíto. Unha vez rematado o transporte escolar sobre as 10 h. da mañá, os autobuses volverán a realizar ese mesmo percorrido escolar para recoller aos asistentes á xuntanza que estean interesados en utilizar dito transporte público. Pola tarde, ás 18:30 h., o servizo de transporte volverá facer o percorrido inverso para levar aos participantes aos seus domicilios.

Leave a Reply