O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión extraordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro martes día 25 de setembro de 2012, ás 13 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :
1.- Sorteo público para a designación dos compoñentes das mesas electorais deste municipio para as eleccións ao Parlamento de Galicia do día 21 de outubro de 2012.
2.- Proposta de designación das festas de carácter local para o ano 2013.