O domingo 9 de agosto terá lugar a XII festa da bicicleta-Rodeiro. O percorrido comezará en Rodeiro, pasando por Sta. Baia, Camba, Río e de volta a Rodeiro. Sairá dende a Praza do Fonte ás 11:00 da mañá.
Preferiblemente apuntarse na Casa da Cultura para unha mellor organización, aínda que non é obrigatorio.
Esta actividade atópase dentro do programa “festa da bicicleta e marchas populares 2009” da Deputación de Pontevedra.