Skip to main content
Novas

XII FEIRA DA VACA RUBIA GALEGA DE RÍO

By 1 Xaneiro, 1970No Comments
Á duodécima edición da Feira Monográfica da Raza Rubia Galega, que se celebra na localidade rodeirense de Río, acudiron un total de 104 reses. O bo tempo propiciou una grande afluencia de público ao recinto feiral. A organización estima que a edición deste ano foi a máis concurrida en cuanto a público.Entregaronse quince premios a outras tantas vacas. A gandeiría de Concepción Reija Fernández, de Piedrafita, no concello lucense de O Corgo, foi a máis galardonada, con catro distincións, aínda que tamén foi a que máis animais levou á feria (21).Na categoría de menos de dous anos, os galardóns foron para: Nova, da gandeiría de Concepción Reija; Romera, de José Diéguez Paz, de Povanzas-San Paio, Senra; Marela, de Juana Besteiro Otero, de Campelo (O Corgo); Gallarda, de Luis Rodríguez González, de Leboro (Río); Cachorra, de Nélida Val Pallares, de Leboro (Río).Entre dous e cinco anos: Pastora, de Juana Besteiro; Cachorra, de Concepción Reija; Rubia, de Juana Besteiro; Romera, de Luis Fernández Dabouza, de Romaces (Río); e Palmera, de Reija.E na de máis de cinco anos: Luna, de José Manuel Vázquez Rodríguez, de Queiza (O Corgo); Linda, de José Javier Hermida Cidre, de Aboldrón (Camba); Gallarda, de Irineo Daparte Daparte, de Carboentes; Parrula, de Reija; y Vanesa, de Luis Fernández Dabouza, de Río.As cuantías dos galardóns foron de 180, 150, 120, 90 y 60 euros, respectivamente, en cada categoría, ao que hai que engadir unha axuda de 15 euros por res a tódolos participantes.Tamén houbo dous recoñecementos especiais por parte de Acruga (asociación de criadores de raza rubia), aínda que sen premio en metálico, para os mellores bois: Rufo e Perico, ambos de Concepción Reija.

Leave a Reply