Skip to main content
Novas

XI Campamento Urbano Rodeiro 2010

By 23 Xuño, 2010No Comments

Destinatarios: Rapaces e rapazas do concello de Rodeiro de 6 a 11 anos de idade (grupo 1) e de 12 en adiante (grupo 2)

Datas: Desde o día 28 de xuño ao 9 de xullo de 2010

Actividades:
• VISITA CULTURAL ao Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago e Día do Libro coa escritora Amalia Pérez Otero.
• ACTIVIDADES DEPORTIVAS como sendeirismo desde o monte do Gozo a Santiago, deportes alternativos, xogos tradicionais, atletismo, tenis, kárate e Festa da bicicleta.
• ACTIVIDADES ACUÁTICAS no Aquapark de Cerceda, praias fluviais de Vilatuxe e Tapia en Santiago, piscinas de Rodeiro e Antas de Ulla e praia en A Coruña.
• ACAMPADA en A Coruña, con actividades como multiaventura con cordas, orientación, escalada, tirolina, tiro con arco, surf, golf e paintball.
• As actividades programadas serán diferentes para os dous grupos.

Información e inscricións: Centro Cultural Municipal de Rodeiro (Tfno. 986.79.03.01) ou no enderezo cultura@rodeiro.gal

Prazo de inscrición: Ata o día 28 de xuño

cota de inscrición: 60 €/100 € (Reduccións por irmáns)

Máis información na descarga asociada.

Leave a Reply