Skip to main content
Novas

Aberto por vacacións: comezo o día 2 de agosto

By 26 Xullo, 2010No Comments

Actividade dirixida a nenos e nenas do Concello de Rodeiro con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
O Obxectivo principal é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral en tempos non lectivos.
Terá lugar no local sindical de luns a venres e de 16:00h a 20:00h. Ata o 9 de setembro.
As actividades serán de carácter lúdico-deportivo: xogos, dinámicas, manualidades, actividades deportivas ó aire lbre, fomentando tamén o adestramento en habilidades sociais básicas e o pensamento creativo.
Esta actividade encádrase no Proxecto “Enrédate 10”, de apertura do CPI fóra do horario lectivo, cofinanciado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
A realización desta actividade correrá a cargo da empresa ACODE, contando coa colaboración da ANPA “Xulio Lois”.
As cuotas establecidas son de 40€ con reducción do 25% por 2º irmán inscrito nas actividades, por condición de familia numerosa ou monoparental e unha reducción do 75% para familias con rendas mínimas.
Ademáis de Aberto por Vacacións, tamén se desenvolverá unha aula de apoio á aprendizaxe, dirixida a aqueles menores que teñen dificultades para acadar os obxetivos propios da etapa na que se atopan.

Para inscribirse ou recibir información máis detallada: 986790185 ou educadora@rodeiro.gal (atención de Ana).

Máis información na ligazón recomendada.

Leave a Reply