Skip to main content
Novas

Xanela ocio en Rodeiro. Programa ler conta moito 2015

By 20 Outubro, 2015No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 23 de outubro ás 11:15 horas no Centro Cultural Municipal con motivo do Día da Biblioteca. A compañía de Melide Xanela Ocio levará a cabo unha sesión de contos baixo o título de “Contos ao revés”. Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2015, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Máis información en: www.xanelaocio.com