Skip to main content
Novas

Nova ruta de sendeirismo do programa “Rodeiro entre camiños” 2015

By 9 Outubro, 2015No Comments

Os vindeiros días 17 e 18 de outubro desenrolarase un novo sendeiro natural dentro da programación “Rodeiro entre camiños”. Tocará visitar a Ribeira Sacra, división natural entre as provincias de Lugo e Ourense. Esta ruta xa fora programada inicialmente para as datas do 9 e 10 de maio pero tivo que suspenderse por motivos organizativos
Desta volta a programación da xornada rematará con un paseo fluvial polo río Sil en catamarán, incluído dentro da cota da actividade.

As características principais da actividade especifícanse no cartel informativo anexo: Ruta sendeirismo Ribeira Sacra

Solicitude Rodeiro entre caminos