Skip to main content
Novas

Vivindo conectados dende o teu pobo: una actividade gratuíta para mellorar as túas habilidades dixitais

By 30 Abril, 2025No Comments

O Concello de Rodeiro, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, organiza o curso “Vivindo conectados dende o teu pobo”, una actividade dirixida a persoas maiores de 60 anos que queiran mellorar as súas habilidades no uso de dispositivos móbiles e tecnoloxías dixitais. É una iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios e financiada pola Unión Europea, o Ministerio para a transformación ecolóxica e o reto demográfico e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Esta formación terá lugar os días 6, 7, 8 e 9 de maio, na Casa da Cultura “Manuel Lamazares”, en horario de 16:30h a 18:30h.
O curso está pensado para todos os usuarios/as de smartphones que desexen familiarizarse ou mellorar o seu manexo de ferramentas e aplicacións que lles permitan realizar tarefas cotiáns de maneira máis áxil e eficiente.
A participación é totalmente gratuíta pero as prazas son limitadas. Para máis información ou para inscribirse chamar ao teléfono 986 79 01 85 ou nas oficinas do Concello de Rodeiro en horario de 8:00h a 14:30h.