Skip to main content
Novas

Comunicación: Cancelación da recollida de plásticos agrícolas

By 11 Abril, 2025No Comments

Infórmase á veciñanza que, debido a unha incidencia na planta de tratamento de residuos, quedan anuladas as recollidas de residuos de plástico agrícola programadas para os días 14 e 15 de abril e para os días 28 e 29 de abril.

Esta suspensión afectará ás seguintes parroquias:

Negrelos, Riobó, Rodeiro, Pedroso, San Cristovo do Az, Sta. Mariña de Pescoso, Sta. Baia, Fafián, San Paio de Senra, San Martiño de Asperelo, Arnego, Caboentes e Álceme.

Lamentamos os inconvenientes que esta situación poida ocasionar e agradecemos a colaboración e comprensión da cidadanía. Confirmamos que a recollida será retomada a principios do mes de maio, e as novas datas serán anunciadas proximamente.

Pedimos ás persoas afectadas que manteñan os residuos de plástico agrícola debidamente almacenados ata que se poidan retomar as xornadas de recollida.