Skip to main content
Novas

VIII Concurso de Carteis Igualitarios

By 12 Novembro, 2018Agosto 7th, 2019No Comments

Este concurso, que se desenvolve dende o ano 2011, é unha das actividades que se promoven dende o concello para sensibilizar á cidadanía en contra da violencia de xénero, así como dar visibilidade á problemática.

Invitamos a participar a todos aqueles veciños e veciñas que o desexen, tanto de forma individual como grupal e, moi especialmente, ás asociacións e colectivos sociais do Concello asi coma ás mozas e mozos do mesmo que nos gustaría que nesta edición nos amosasen a súa visión e compromiso con esta terrible realidade.  Trátase de reflexionar sobre esta grave problemática e amosar o noso total apoio ás vítimas como institución  e como sociedade.

Para a creación dos carteis só se establecen 3 pautas:

O seu tamaño máximo será en A3.

A idea que transmita busque loitar pola igualdade e rexeitar a violencia contra as mulleres.

A autoría do cartel non poderá quedar reflexada no mesmo para promover a obxectividade do xurado.

Os carteis poderán entregarse ata o xoves 22 de novembro ás 14:00 h. no servizo de educación familiar do Concello. Tfno. 986790185. E-mail: educadora@rodeiro.gal.

Animamos á participación nesta actividade, que terá como premio para o gañador/a a realización dunha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero no ano 2019, tal e como estamos a preparar co cartel gañador da anterior edición.

O 23 de novembro presentaranse os carteis ao público e elixirase o gañador/a a través dun xurado.