Proxecto cofinanciado a través da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.
Este proxecto tivo como obxectivo principal mellorar e adecuar as infraestruturas do Punto de Atención á Infancia Municipal realizando unha obra menor no cuarto de baño das crianzas.
Coa axuda pública concedida de 571,72 €, máis a aportación municipal correspondente, realizouse a colocación de inodoros con cisternas de acumulación de auga de cara a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións, así como optimizar a limpeza e hixiene das mesmas.