Unidade móbil. Doa sangue

Por 20 Xaneiro, 2022 Novas

O vindeiro martes día 25 de xaneiro, en horario de 16 a 21 horas, situarase na Avda. Aviador Gumersindo Areán de Rodeiro a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia.

Anímase a toda a veciñanza potencialmente doadora a doar o seu sangue nun acto de solidariedade que contribúe de xeito decisivo á cura de enfermidades e mesmo a salvar vidas, paliando a escaseza das reservas existentes nestes momentos.

Sé tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a de outras persoas.