
Arranca a nosa viaxe para descubrir as catro provincias de Galicia, e comezamos por todo o alto na A Coruña, percorrendo a espectacular Costa Ártabra. Queres vir connosco?
Ollade todo o que imos visitar:
– Betanzos: Un pobo cheo de historia.
– San Andrés de Teixido: Tradición, lendas e sanandresiños (“vai de morto o que non foi de vivo”).
– Cabo Ortegal: O máxico punto onde se abrazan o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico.
– Cariño: Un paseo relaxado polo porto para pechar o día.
Datos da viaxe:
– Data: Mércores, 22 de xullo
– Saída: 08:00 h (dende Rodeiro) | Chegada: 22:00 h (a Rodeiro)
– Custo: 20€
– Prazo de inscrición: Ata o 20 de xullo (incluído)
Inscricións e máis información:
Concello de Rodeiro: 986 79 00 09
Biblioteca Municipal: 986 79 03 01
Non te quedes sen a túa praza! Organiza a Concellería de Urbanismo, Traballo e Servizos Sociais do Concello de Rodeiro.